Somos A Betacunca

Dedicámonos a xerar contidos para internet: deseñamos e desenvolvemos proxectos para a web, xestionamos a presenza de empresas e marcas nas principais redes sociais, e botamos unha man aos nosos clientes en todo o que precisan ao redor da tecnoloxía.

Os nosos últimos traballos

  • Web de Ainé Producións

    En Ainé Producións representan aos mellores artistas galegos. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez ou Pepo Suevos son algúns deles. Tamén promoven espectáculos de teatro e humor en directo, fan programas para a telelevisión, anuncios, e organizan e xestionan eventos. E máis cousas!

    Se queredes saber todo o que fan o mellor é que visitedes a web que preparamos para eles, na que a actualidade ten moita, moita importancia! Destacan por estar moi pendentes de contar o que fan: os seus proxectos, as noticias relacionadas cos actores cos que traballan... Por iso a portada da páxina ten esa estrutura de revista, cun bloque inicial coa información máis destacada e grandes fotos.

    No menú están os servizos, e destaca tamén o apartado de axenda. Preparamos un sistema co que a través dunha única plataforma publican os eventos que organizan, que son moitos cada mes, para que aparezan de xeito simultáneo tanto na súa web como na de cada artista.

  • Web de Atinta e Arte

    Un estudo de deseño gráfico e impresión que fai cousas bonitas, moi bonitas! E que ten na súa web un escaparate no que non só ensina, tamén explica.

    Nesta páxina teñen unha importancia fundamental os traballos de deseño e os proxectos dos clientes, dos que contan todo tipo de detalles sobre inspiracións, técnicas de ilustración, ideas de aplicación, repercusión...

    Deseñan tamén para soportes dixitais, como webs e aplicacións móbiles. En A Betacunca traballamos con eles para moitos dos nosos proxectos e, podedes crernos, estamos encantados coas súas ideas.

  • Web de Xosé A. Touriñán

    Coñecédelo, verdade? Unha das caras máis populares da Televisión de Galicia ten unha páxina web feita por nós!

    Un proxecto orixinal, sobre unha plantilla de caixas que cada mes teñen diferentes contidos e posicións, en función da actualidade relacionada do actor, dos seus proxectos, das datas dos eventos nos que participa...

    Tanto a axenda como o apartado de noticias está sincronizado, a través dun sistema propio, cos contidos da web de Ainé Producións. Un xeito cómodo de relacionar na rede información, e de facerlle máis doado o traballo aos encargados de publicar os textos de xeito periódico.

  • Web de Imposible sen ti

    Esta campaña de ABANCA para promover a rivalidade cordial entre as afeccións de Depor e Celta polo derbi galego contou con nós para un portal moi sinxelo, e á vez moi atractivo. Nunha única páxina queda condensado o espírito e a filosofía dunha idea que nos últimos anos ten sorprendido dentro e fóra de Galicia, sobre todo, polos coidados spots publicitarios cos que en cada derbi pretende lembrar que de entre todos os partidos do mundo, este é o noso.

  • Web da Travesía do Xalo

    Desde hai anos contan con nós na asociación Castelo Deporte para os seus proxectos. Un deles, se cadra o de máis sona, é a Travesía do Xalo: unha mediomaratón de montaña que é, sobre todo, unha auténtica festa.

    Deseñamos a páxina web do evento, facilitando aos membros da organización a posibilidade de actualizala periódicamente nas semanas previas á proba, algo fundamental nestes casos. Poderedes ver que destaca a súa coidada estética, as mensaxes que pretenden lanzar desde a organización relacionadas coa conservación dos recursos naturais do monte, e por suposto, a información práctica sobre as carreiras e andainas.

    Se non tedes plans para o último domingo de abril, xa sabedes!

  • App de Soho Café Coruña

    Un dos locais de moda da cidade da Coruña encargounos desenvolver unha aplicación para tablets que recompilara todos os seus produtos. Un catálogo con centos de referencias ao que os seus clientes poden acceder antes de decidir a súa consumición.

    Destaca a súa estética, moi acorde co local (confirmarédelo se podedes achegarvos), e destacan as súas posibilidades de actualización. De feito, cada día recolle un menú diferente para a hora do xantar, que o seu propio equipo cambia cada mañá.

    Na pantalla principal da aplicación destaca un vistoso slider no que aparecen todas as promocións e ofertas vixentes.

Contámosche o que facemos!

Unha forma diferente de traballar coa tecnoloxía.

Os grandes secretos relacionados coa rede estan nas mans de moi poucos, que ademais son moi grandes. Así que aquí non pretendemos descifrar algoritmos nin resolver ecuacións. Os grandes expertos en posicionamento e marketing online pregúntanlle sempre aos seus clientes se están dispostos a xerar contidos, algo para o que o tempo do que un dispón é a variable fundamental. Cando a resposta é que non entran en xogo trucos e fórmulas.

Un paso antes entramos nós. Dedicámonos aos contidos: a entender o que fan os nosos clientes para trasladalo á súa páxina web, ao seu blog ou á súa páxina en Facebook. Facémolo con certo xeito, buscando o estético e o aparente, escribindo bonito, coidando os detalles.

O noso equipo está formado por xente nova do mundo do xornalismo, o audiovisual, a informática, a publicidade e o deseño. Compartimos proxectos con estudos de deseño como Atinta e arte e produtoras multimedia como Ainé Producións. E tan felices!

Contacta con nós!

Falamos cunha cunca de café diante e comentamos as posibilidades de traballar xuntos...

Enrique Mariñas 32, 3º
15009 Matogrande - A Coruña
881 946 971 ola@abetacunca.com